De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.
Os actos foron adoptados polo xefe territorial.
A comparecencia efectuarase no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Ourense, 12 de marzo de 2013
José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: OU-14/2013 RE.
Denunciado: Costel Radu.
Acto notificado: acordo de incoación.
Expediente: OU-15/2013 RE.
Denunciado: Adrián Graciun.
Acto notificado: acordo de incoación.
Expediente: OU-18/2013 RE.
Denunciado: Valut Scripcariuc.
Acto notificado: acordo de incoación.
Expediente: OU-27/2013 RE.
Denunciado: Vasile Iroftei.
Acto notificado: acordo de incoación.