Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10217

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 21 de marzo de 2013, da Área de Recadación, polo que se relacionan reintegros de pagamentos indebidos pendentes de notificar e se emprazan dúas interesadas para seren notificadas por comparecencia (Reino Rubira, Mª Antonia e Vázquez Raña, Josefina).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse reintegros de pagamentos indebidos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse as interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no número 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2013

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesada

CIF

Enderezo

Providencia

liquidación

Importe

Reino Rubira, Mª Antonia

76855887F

R/ Pérez Viondi, 49, 2º A,

36680 A Estrada, Pontevedra

500130008047

1.228,09 €

Vázquez Raña, Josefina

76338908E

Lg. Espenica, 17,

15689 Ordes, A Coruña

500130008049

82,54 €