Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2013 pola que se fai pública a formalización de varios contratos (expedientes 47/2012 e 205/2012).

– Contratación do servizo de posta en marcha dun sistema de tradución lingüística automatizada para as entidades locais de Galicia e Administración pública dentro do Plan eConcellos, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 47/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de posta en marcha dun sistema de tradución lingüística automatizada para as entidades locais de Galicia e Administración pública dentro do Plan eConcellos.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 3.9.2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 897.308,07 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 299.102,69 €. Importe total: 352.941,17 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2.1.2013.

b) Data de formalización do contrato: 1.2.2013.

c) Contratista: Factoría de Software e Multimedia, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 250.000,00 €. Importe total: 302.500,00 € (IVE incluído).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do TRLCSP, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do TRLCSP.

– Contratación da subministración de equipamento de microinformática para os centros educativos de ensino non universitario, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 205/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento microinformático e de electrónica de rede para os centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 5.6.2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 2.501.898,31 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 2.501.898,31 €. Importe total: 2.952.240,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación dos contratos:

Lote 1. Servidor da intranet: 2.1.2013.

Lote 2. Ordenador de sobremesa: 10.12.2012.

Lote 3. Ordenador portátil: 28.12.2012.

Lote 4. Videoproxector: 10.12.2012.

Lote 5. Conmutadores de rede: 10.12.2012.

Lote 10. Sistemas de alimentación ininterrompida: 18.12.2012.

b) Data de formalización dos contratos:

Lote 1. Servidor da intranet: 20.2.2013.

Lote 2. Ordenador de sobremesa: 9.1.2013.

Lote 3. Ordenador portátil: 31.1.2013.

Lote 4. Videoproxector: 9.1.2013.

Lote 5. Conmutadores de rede: 9.1.2013.

Lote 10. Sistemas de alimentación ininterrompida: 31.1.2013.

c) Contratistas:

Lote 1. Coremain, S.L.U.

Lote 2. Tecnologías Plexus, S.L.

Lote 3. Tecnologías Plexus, S.L.

Lote. Tecnologías Plexus, S.L.

Lote 5. Tecnologías Plexus, S.L.

Lote 10: Spark Ibérica, S.A.U.

d) Importes de adxudicación de cada un dos lotes:

Lote 1. Importe neto: 375.423,00 €. Importe total: 454.261,83 € (IVE incluído).

Lote 2. Importe neto: 1.086.270,40 €. Importe total: 1.314.387,18 € (IVE incluído).

Lote 3. Importe neto: 388.500,00 €. Importe total: 470.085,00 € (IVE incluído).

Lote 4. Importe neto: 72.034,00 €. Importe total: 87.161,14 € (IVE incluído).

Lote 5. Importe neto: 105.187,50 €. Importe total: 127.276,88 € (IVE incluído).

Lote 10. Importe neto: 51.864,00 €. Importe total: 62.755,44 € (IVE incluído).

Importe total neto: 2.079.278,90 €. Importe total: 2.515.927,47 € (IVE incluído).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do TRLCSP, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do TRLCSP.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia