Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de urbanización do Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las, no concello de San Amaro (Ourense), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %) e polo FCI (20 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 58.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural. Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17886

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 161, do 24 de agosto de 2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: urbanización do Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las, no concello de San Amaro (Ourense), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %) e polo FCI (20 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 58.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 253.629,76 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 28 de febreiro de 2013.

b) Data da formalización do contrato: 13 de marzo de 2013.

c) Adxudicataria: Técnicas Unidos para la Construcción, S.A.

d) Importe de adxudicación: 210.240,21 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que establece o prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria