Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade á renovación de autorizacións ambientais integradas.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á renovación das autorizacións ambientais integradas concedidas ás instalacións industriais que se relacionan a seguir e que se poden consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

– Resolución do 30 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga nova autorización ambiental integrada a Leche de Galicia, S.L. para unha planta de envasado de leite UHT, situada no concello de Vilalba (Lugo), e a súa modificación substancial (nº rexistro AAI 2004/0191_NAA/IPPC_013; clave expediente nova AAI 2012-IPPC-M-23).

– Resolución do 1 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Ferroatlántica, S.A. para a fábrica de ferroaliaxes situada no concello de Cee (A Coruña) (nº de rexistro AAI: 2006/0070_NAA/IPPC_036; clave expediente renovación 2012-IPPC-M-54).

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental