Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9999

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2013, da Xerencia da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación da subministración de carnes frescas e peixes conxelados para o Hospital Montecelo, centro dependente da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria (MS-EIP1-13-010).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avenida de Vigo, 16

3) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4) Teléfono: 986 88 51 33.

5) Telefax: 986 88 58 85.

6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: MS-EIP1-13-010.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de carnes frescas e peixes conxelados para o Hospital Montecelo, centro dependente da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/sete.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital Montecelo.

1) Domicilio: Mourente, s/n, Montecelo.

2) Localidade e código postal: Pontevedra 36071.

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 15221000-3, 03311000-2, 15896000-5 e 15100000-9.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: trescentos setenta e dous mil oitenta e catro euros con trinta céntimos (372.084,30 €).

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 137.809,00 €. Importe total: 151.589,90 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 30.4.2013.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2. Domicilio: rúa Loureiro Crespo, 2.

3. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura ás propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

d) Data e hora: a data e a hora de realización da apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión tarifas, no DOG é de 5,42 €/liña (se é urxente, 10,82 €/liña). BOE: 11,552231 €/liña título e 12,677753 €/liña de texto (se é urxente, o importe multiplicarase por dous).

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 14.3.2013.

Pontevedra, 27 de febreiro de 2013

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5.7.2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés