Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9856

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Estudios Cacumen, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

3. Data: os días 19, 20, 26 e 27 de abril de 2013.

4. Lugar de realización: instalacións de ACIPA. Avenida Compostela, nº 47, 1ª planta. Centro Comarcal de Ulloa. 27200 Palas de Rei (Lugo).

5. Número de prazas: máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a persoal auxiliar dos servizos de aplicación de biocidas, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa:

Día 19.4.2013

16.00-18.30 h

Biocidas. Descrición e clasificación dos distintos tipos de biocidas.

18.30-21.00 h

Principais pragas. Pragas ambientais. Loita contra as pragas ambientais. Métodos de loita antivectorial.

Día 20.4.2013

9.00-11.30 h

Técnicas de aplicación de biocidas.

11.30-14.00 h

Prácticas: as principais pragas e métodos de loita. Métodos de prevención contra pragas.

Día 26.4.2013

15.30-18.30 h

Riscos derivados da manipulación de biocidas. Biocidas e ambiente. Problemas de destrución de envases.

18.30-21.00 h

Hixiene e seguridade na manipulación de biocidas. Intoxicación, prevención, diagnóstico e primeiros auxilios.

Día 27.4.2013

9.00-11.00 h

Prácticas: uso adecuado dos medios de protección persoal. Destrución de envases. Actuación e primeiros auxilios ante intoxicacións por biocidas.

11.00-13.30 h

Aplicación de distintos métodos de loita contra as pragas ambientais. Técnicas de aplicación de biocidas.

13.30-14.30 h

Exame tipo test.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

Datas: os días 19, 20, 26 e 27 de abril de 2013.

Lugar de realización do curso:

Instalacións de ACIPA.

Avda. Compostela, nº 47, 1ª planta.

Centro Comarcal de Ulloa.

27200 Palas de Rei (Lugo).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: o día 19 de abril en horario de 16.00-21.00 h, o 20 de abril en horario de 9.00-14.00 h, o 26 de abril en horario de 15.30-21.00 h, e o día 27 de abril en horario de 9.00-14.30 h.

Nº de prazas: máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Estudios Cacumen, r/ Concepción Arenal, 18-1º. 27004 Lugo, Tel.: 982 24 39 44, fax: 982 28 41 61, correo electrónico: cacumen@cacumenlugo.com

Fecha límite de presentación de solicitudes: 15 de abril de 2013.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Apelidos .................................................................................................................................

Nome .....................................................................................................................................

NIF .........................................................................................................................................

Enderezo ...............................................................................................................................

Localidade .............................................................................................................................

Teléfono ................................................ Fax .........................................................................

Empresa ................................................................................................................................