Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9827

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública (expediente LAP/333/2012).

Safety Kleen España, S.A. solicitou ampliación da licenza de apertura de actividade (almacenamento de produtos químicos) en Vía Diesel (DE), 8-9, Santiago de Compostela (A Coruña). Consonte o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/333/2012 pode consultarse no Negociado de Aperturas deste concello.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2013

P.D. da Xunta de goberno local do 15.7.2011
María Pardo Valdés
Concelleira delegada de Urbanismo