Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9775

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (457/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 457/2011 por instancia de José Manuel Crespo contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 6 de marzo de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por José Manuel Crespo García fronte a Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia, condénase a Esabe Vigilancia, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de mil cincocentos dous euros con sete céntimos (1.502,07 euros).

Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A. expido e asino a presente.

A Coruña, 13 de marzo de 2013

A secretaria xudicial