María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 803/2012 deste xulgado do social se ditou resolución o 4 de marzo de 2013, dirixida a White-Wise Corporation, S.L., que pode interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no devandito órgano xudicial o interesado poderá ter coñecemento íntegro do acto.
E para que sirva de notificación en legal forma a White-Wise Corporation, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 4 de marzo de 2013