Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica o acordo de emprazamento a Maderas Hermanos Souto Sánchez, S.L. no recurso contencioso-administrativo P.A. 673/2012, interposto por Andrés Boo Pérez.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de emprazamento no recurso contencioso-administrativo (P.A. 673/2012).

Esta consellaría recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela (A Coruña) resolución pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 673/2012, interposto contra a resolución do secretario xeral técnico, por delegación da conselleira do Medio Rural e do Mar, do 18.9.2012, pola que se desestima o recurso de alzada formulado contra a resolución recaída no expediente sancionador MON-CO-0059/2008 CSA, incoado contra Andrés Boo Pérez por corta sen autorización.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou o 27.2.2013 e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente ao referido tribunal, o que se lle notifica, en canto interesado no procedemento, emprazándoo para que poida comparecer como parte no prazo de 9 días, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: MON-CO-0059/2008-CSA.

Procedemento abreviado: 673/2012.

Interesada: Maderas Hermanos Souto Sánchez, S.L.

Acto de notificación: emprazamento en recurso contencioso-administrativo

Último enderezo coñecido: prolongación Ramón Franco, 203, Arzúa (A Coruña).