Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Contenedores de La Coruña, S.L.U. (CONTECO) para as instalacións da planta de valorización e vertedoiro de residuos de construción e demolición situado en Nostián, concello da Coruña (clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-149).

O 12 de setembro de 2008 concedeuse a Contenedores de La Coruña, S.L.U. (CONTECO) a autorización ambiental integrada nº 2006/0161_NAA/IPPC_174 para as instalacións da planta de valorización e vertedoiro de residuos de construción e demolición situado en Nostián, concello da Coruña (A Coruña).

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que transcorrido o prazo de vixencia da autorización esta debe ser renovada e, se é o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polo documento titulado:

– Solicitude de renovación de la autorización ambiental integrada. Nº de rexistro 2006/0161_NAA/IPPC_174. CONTECO. Outubro 2012.

Co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, o antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental – Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

• Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008, A Coruña).

• Concello da Coruña (praza de María Pita, 1, 15001 A Coruña).

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental