Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento dun inmoble situado no concello de Viveiro e se declara deserta a adxudicación do resto de inmobles situados en Lugo e Friol.

Por ordes desta Consellería de Facenda do 10 de setembro e do 20 de novembro de 2012 foi autorizado o alleamento, mediante poxa, duns inmobles situados nos concellos de Lugo, Friol e Viveiro.

Logo de publicarse o 4 de febreiro de 2013 no Diario Oficial de Galicia, número 24, e o 5 de febreiro de 2013 no Diario Oficial de Galicia, número 25, o correspondente anuncio de alleamento dos citados inmobles, tivo lugar o 5 de marzo de 2013 a poxa pública anunciada, co que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar a seguinte adxudicación:

A María José Salgueiro Cortiñas, polo prezo de 98.959,22 euros, o inmoble situado na rúa dos Foles, nº 20, do concello de Viveiro, dunha superficie de 651 m2 que linda: norte, Francisco José Santiago García; sur, José Abad Salgueiro; leste, camiño municipal río Flores, e oeste, estrada de situación C-642 de Ribadeo a Ferrol, rúa dos Foles. Referencia catastral: 3659403PJ1335N0002EW. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Viveiro como predio 33.093, tomo 828, libro 326, folio 50.

Segundo. Declarar deserta en primeira, segunda e terceira poxa a adxudicación do seguinte inmoble:

Predio oitenta-oitenta e un-oitenta e dous d). Local dedicado a uso comercial, dunha superficie aproximada de 88,90 m2. Linda: fronte, entrando desde as galerías, coas ditas galerías; fondo, casa nº 31 da praza de España, e predios da rúa Bispo Aguirre; dereita entrando, co local que se describirá a continuación, e esquerda, en parte e en baleiro con rampla de baixada aos sotos, en parte co oco do portal e as escaleiras de acceso ás vivendas de tipo C, e en parte co local que se describiu anteriormente. Referencia catastral: 7831014PH1673B0083LP. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Lugo como predio nº 46.315, folio 82, libro 842, tomo 1.281, inscrición segunda.Tipo de licitación primeira poxa: 76.495,95 euros. Tipo de licitación segunda poxa: 65.021,56 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 53.547,17 euros.

Terceiro. Declarar deserta en segunda e terceira poxa a adxudicación dos seguintes inmobles:

1. Parcela nº 57, Vilarmeá I, situada no lugar da Camposa (Friol), matogueira dunha superficie de 4 áreas e 32 centiáreas, aproximadamente. Linda: norte, herdeiros de Dolores García; sur, Jesús e Manuel Santos García; leste, herdeiros de Generosa Saavedra, e oeste, herdeiros de Generosa Saavedra. Referencia catastral: 27020A086000570000BB. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.267, tomo 1.029, libro 53 e folio 150. Tipo de licitación segunda poxa: 397,87 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 327,66 euros.

2. Parcela nº 59, Vilarmeá II, situada no lugar da Camposa (Friol), matogueira dunha superficie de 4 áreas e 32 centiáreas, aproximadamente. Linda: norte, herdeiros de Dolores García; sur, Jesús e Manuel Santos García; leste, Purificación Fernández García e herdeiros de Generosa Saavedra, e oeste, herdeiros de Generosa Saavedra. Referencia catastral: 27020A086000590000BG. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.268, tomo 1.029, libro 53 e folio 151. Tipo de licitación segunda poxa: 397,87 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 327,66 euros.

3. Parcela nº 60, Vilarmeá III, situada no lugar da Camposa (Friol), matogueira dunha superficie de 3 áreas e 84 centiáreas, aproximadamente. Linda: norte, herdeiros de Dolores García; sur, herdeiros de Generosa Saavedra; leste, predio dun veciño de Trasmonte que corresponde á parcela catastral 64 do polígono 86, e oeste, Purificación Fernández García. Referencia catastral: 27020A086000600000BB. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.269, tomo 1.029, libro 53 e folio 152. Tipo de licitación segunda poxa: 353,66 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 291,25 euros.

4. Parcela nº 95, Pena Trepe, situada no lugar coñecido como Campo da Seara en Friol, prado dunha superficie de 6 áreas e 72 centiáreas, aproximadamente. Linda: norte, Obdulia Cabo e José Sancosmed Saavedra; sur, herdeiros de Generosa Saavedra; leste, Fe Vigo, e oeste, María Devesa Iglesias. Referencia catastral: 27020A241000950000GS. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.273, tomo 1.029, libro 53 e folio 156. Tipo de licitación segunda poxa: 316,57 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 260,70 euros.

5. Parcela nº 315, Penas Lebres, situada no lugar coñecido como Muíño do Capitán en Friol, pedregal a matogueira dunha superficie de 1 hectárea, 21 áreas e 44 centiáreas, aproximadamente. Linda: norte, coas parcelas catastrais nº 313 e 314 do polígono 247 que figuran a nome de Generosa Fernández Zas e con camiño veciñal; sur, coa parcela catastral nº 325 que figura a nome de Antonio Fraga Peteiro e coas parcelas nº 317 e 318 que figuran a nome de Jesús Cabo Campo; leste, coas mesmas parcelas nº 313, 314 e 325, e oeste, coas mesmas 318, 317 e, en parte, camiño. Referencia catastral: 27020A247003150000GQ. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 6.274, tomo 1.029, libro 53 e folio 157.Tipo de licitación segunda poxa: 3.652,35 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 3.007,82 euros.

6. Parcela B-3 do sector sur K de Lugo duns 1.220,25 m2. Linda: norte, B (10-A); sur, B-4; leste, ZV-3; e oeste, límite do sector sur-K. Referencia catastral: 8618713PH1681N0001BU. Servidumes: non ten. Edificabilidade computable: 5.647,99 m2. Cargas: as da urbanización do sector sur-K. Coeficiente de cargas de urbanización: 0,01691577. Cota de participación: 0,01522419. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lugo como predio nº 111.954, tomo 1.695, libro 1.256 e folio 162.Tipo de licitación segunda poxa: 2.376.391,79 euros. Tipo de licitación terceira poxa: 1.957.028,54 euros.

Cuarto. O pagamento do prezo de adxudicación efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Quinto. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, quedan a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se teñan producido neste procedemento de alleamento.

Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2013

P.D. (Orde 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda