Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9739

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO de información pública sobre lavadoiro de vehículos.

Solicitada nesta alcaldía por Rafael Lorenzo Rubal, con DNI número 33768984-Q actuando en nome e representación da empresa Hijos de Ramón Rubal, S.L., con NIF número B-27003417, licenza municipal de obra para levar a cabo as accións consistentes en instalación de lavadoiro de vehículos, no lugar de Correlos da parroquia de Mor, neste concello.

En cumprimento co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, mediante anuncio no BOP de Lugo e no DOG para que os interesados poidan examinar o expediente, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Este anuncio servirá de notificación ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a todos aqueles que sexan descoñecidos ou se ignore o seu paradoiro, ou ben, intentada esta, non se puidese practicar.

O expediente obxecto desta información atópase depositado nas dependencias deste concello e poderase consultar durante horario de oficina.

Alfoz, 4 de marzo de 2013

Emilio Lousas Muíña
Alcalde