Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9746

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ACORDO polo que se acepta a ampliación da delegación de competencias de recadación en materia de tráfico do Concello das Pontes de García Rodríguez.

O Pleno desta Corporación, na sesión ordinaria celebrada o día 22 de febreiro de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«31. Aceptación da ampliación da delegación de competencias do Concello das Pontes de García Rodríguez, recadación voluntaria e executiva das sancións por infraccións da lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.

Aceptar a delegación das seguintes competencias acordada polo Concello das Pontes de García Rodríguez:

• Recadación en período voluntario e en vía executiva do importe das sancións impostas por infraccións das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.

• Xestión, inspección e recadación en período voluntario e en vía executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas, a prol das empresas explotadoras de servizos de subministracións que resulten de interese xeral, incluíndo o suposto especial de telefonía móbil.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos en materia de sancións por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria e da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais aos concellos que non teñan delegada a xestión tributaria e a recadación dos impostos municipais obrigatorios e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia e da Comunidade Autónoma conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 6 de marzo de 2013

María Padín Fernández José Luis Almau Supervía
O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Deputación
A vicepresidenta Provincial da Coruña