Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 135/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS Cero Porta Caranza-CR Palomas.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea (LMTS) CR Porta Caranza-CR Palomas, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,149 km, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×240) mm2 Al, con orixe en cela de liña existente en CR Porta Caranza (expediente 29.336), e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-713, tramo a CR Palomas (expediente IN407A 2000/159). O tramo 1-2 de 911 m de lonxitude é baixo canalización existente (expediente IN407A 2012/64) e o tramo 6-8 de 125 m de lonxitude baixo canalización existente (expediente IN407A 2000/159).

Liña eléctrica de media tensión subterránea (LMTS) CR Porta Caranza-San Amaro, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,021 km, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×240) mm2 Al, con orixe en cela de liña existente en CR Porta Caranza (expediente 29.336), e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-713, tramo a CR San Amaro (expediente IN407A 30.326). O tramo 1-2 de 911 m de lonxitude é baixo canalización existente (expediente IN407A 2012/64).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 19 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña