Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de marzo de 2013 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/103/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento de José Manuel Barreiro Martínez para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/103/2012, en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, que se levan a cabo no lugar de Monte Insua, parroquia de San Pedro de Barizo, no termo municipal de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación ao citado denunciado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística