Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9378

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no terceiro cuadrimestre de 2012.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumplimento a esa obriga,

Dispoño:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2013

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Importe

(euros)

Data de

sinatura

Convenio entre a S. Xeral da Emigración coa Fundación Galicia Universal

Organización dun programa de promoción e activación dirixido á xuventude galega residente en Cataluña

20.000,00 €

11.9.2012

Convenio entre a S. Xeral da Emigración e a Casa Galega de L’Hospitalet

Realización de actos co gallo da celebración do XXV aniversario do centro

15.000,00 €

4.9.2012