Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9497

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (599/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de María Rial Ares contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Comercial Pontecela, e os administradores concursais Juan Manuel Capellá Pérez e María José Lorenzo Gómez, rexistrado co nº 599/2012, acordouse citar a codemandada Comercial Pontecela, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 14 de maio de 2013 ás 10.55 e 11.00 horas, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia. Fáiselle saber que se encontra á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado o decreto de admisión da demanda, así como copia desta e demais resolucións.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda e oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Comercial Pontecela, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

A secretaria xudicial