Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a publicación da notificación dun expediente de sanción por infracción na orde social.

Notifícase, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ao non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social (materia laboral); o seu enderezo, número de expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse a seguir:

Empresa

Domicilio

NIF

Nº exp.

Contía

Disp. infrinxida

Logar Prado, S.L.

Rolda da Muralla, 138, 1º, Lugo

B27317437

47/2012

1.252 €

Artigo 4.2.a) do Real decreto 1/1995

Contra estas resolucións poderá interpor o interesado recurso de alzada, polo conducto desta xefatura territorial perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírteselle que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá de aboar a multa imposta a través de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución xa que, noutro caso, procederase á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 26 de febreiro de 2013

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo