Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de marzo de 2013 pola que se acorda a rectificación da Orde do 4 de xaneiro de 2013 pola que se adxudica o procedemento de alleamento duns inmobles situados nos concellos de Ribadeo e Friol, e se declara deserta a adxudicación do resto de inmobles.

O día 11 de decembro de 2012 a Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda realizou na cidade de Lugo unha poxa pública para a venda dunha serie de inmobles, entre os cales estaba o da antiga Cámara Agraria Local de Ribadeo.

Realizada a poxa pública, a mesa de contratación formulou proposta de adxudicación da parcela de Ribadeo a favor de Juan José Álvarez Martínez. Mediante Orde do 4 de xaneiro de 2013 (DOG núm. 24, do 4 de febreiro), a Consellería de Facenda acordou a adxudicación do inmoble a favor desta persoa física.

Con data do 20 de febreiro de 2013, Juan José Álvarez Martínez achegou escrito á Consellería de Facenda en que indicaba a existencia dun erro na adxudicación producida ao ter actuado na poxa pública en representación dunha sociedade limitada.

Reunida a mesa de contratación o día 5 de marzo de 2013, e unha vez comprobada a documentación presentada e a que xa constaba no seu poder, detectouse un erro en canto á persoa que resultou adxudicataria do inmoble de Ribadeo, e acordouse, de forma unánime, propoñer ao órgano de contratación a rectificación da Orde do 4 de xaneiro de 2013, polo que, de conformidade co artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Acordar a rectificación da Orde do 4 de xaneiro de 2013 (DOG núm. 24, do 4 de febreiro), polo que, na páxina 3032, onde di: «Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións: 1. A Juan José Álvarez Martínez, polo prezo de 60.403,75 euros, o terreo sito na vila de Ribadeo, concello do mesmo nome, na rúa Casa do Pobo, nº 4, duns 157 m2. Linda: pola súa fronte coa dita rúa, ou tamén chamado camiño da Lodeira; polas costas labradío de Francisco Díaz Braña; pola dereita, entrando, con casa de Joaquín López, e pola esquerda, con labradío de José Díaz Braña. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadeo como predio nº 10.237, tomo 313, libro 135 e folio 161 e 162. Referencia catastral: 8227028PJ5282N0001QD.», debe dicir: «Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións: 1. A Juan José Álvarez Martínez, en representación de Casona de Lazurtegui, S.L., polo prezo de 60.403,75 euros, o terreo sito na vila de Ribadeo, concello do mesmo nome, na rúa Casa do Pobo, nº 4, duns 157 m2. Linda: pola súa fronte coa dita rúa, ou tamén chamado camiño da Lodeira; polas costas labradío de Francisco Díaz Braña; pola dereita, entrando, con casa de Joaquín López, e pola esquerda, con labradío de José Díaz Braña. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadeo como predio nº 10.237, tomo 313, libro 135 e folio 161 e 162. Referencia catastral: 8227028PJ5282N0001QD.»

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2013

P.D. (Orde 9.1.2012; DOG núm. 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda