Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2013 pola que se fai pública a declaración de deserto do procedemento aberto, multicriterio, convocado para a selección de oferta para a tramitación da concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Aguiño para a construción e explotación de instalacións de subministración de combustible (expediente 12-46-12-C-1).

Mediante Resolución do 14 de marzo de 2013, o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3.g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, no artigo 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da entidade pública, e sobre a base do disposto na proposta formulada, con data do 14 de marzo de 2013, pola mesa de contratación e en cumprimento do previsto no 2º parágrafo do artigo 151.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG nº 12, do 17 de xaneiro de 2013, para a selección de oferta para a tramitación da concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Aguiño para a construción e explotación de instalacións de subministración de combustible, por falta de licitadores, ao non terse presentado ningunha oferta.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, ou potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta resolución (artigos 116 e 117 LRXPAC).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia