Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 13 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se emprazan as interesadas nos expedientes de subvención para o fomento das frondosas caducifolias número 12150036/2008 e outro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de correos, notifícaselles as interesadas, que se sinalan no anexo deste anuncio, as resolucións dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 12150036/2008 e 12320083/2008 (Orde do 30 de xaneiro de 2008, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

As interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselles as interesadas un prazo dun mes, contado a partir do seguinte ao da notificación da resolución, no que poderán interpoñer potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar ou directamente recurso contencioso-administrativo perante ao órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as interesadas poidan exercitar calquera outro que estimen pertinente.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido das interesadas, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2012 no expediente de subvención núm. 12150036/2008.

Interesada: CMVMC de Asados.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: praza de Atalaia, s/n, Asados, 15982 Rianxo (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2012 no expediente de subvención núm. 12320083/2008.

Interesada: Rosa Iglesias Lamelas.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lgar. Souto, s/n, 32700 Maceda (Ourense).