Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no procedemento para declarar o arquivamento do reintegro parcial da axuda relativa ao expediente de subvención 14270428/2010.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser devolta por falecemento a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento de certificado de defunción para os efectos de arquivamento do procedemento para declarar o reintegro parcial da axuda relativa ao expediente de subvención número 14270428/2010 (Orde do 28 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural).

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado requirimento e a constancia de tal coñecemento.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

Concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do requirimento, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar o reintegro parcial da axuda relativa ao expediente de subvención número 14270428/2010.

Interesados: herdeiros de Fermín Díaz Calvo.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Último enderezo coñecido: Valle Inclán, nº 8-2º D, 27000 Navia de Suarna, Lugo.