Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9097

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 5 de marzo de 2013 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro) pola que se dispón a publicación do regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 8 da dita resolución, o Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia acordou a substitución de un dos seus membros titulares e de un dos suplentes, da súa representación no Consello.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, a Xesús Castro Baamonde en substitución de Daniel Costas Fernández.

Artigo 2

Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, a José Plácido Cazón Lamas en substitución de Nuria Rodríguez Lema.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar