Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 12 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, polo que se acorda deixar aberta, por un prazo de tres meses, a poxa pública para a venda duns inmobles situados en Santiago de Compostela e Padrón.

Mediante Orde da Consellería de Facenda do 11 de marzo de 2013 acordouse, de conformidade co artigo 72 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio, deixar aberta por un prazo de tres meses a poxa pública para a venda dos seguintes inmobles:

1. Predio urbano. Número 11, piso 3º B, no terceiro andar dunha casa sen número (na actualidade nº 26), situada na rúa da Rosa desta cidade de Santiago de Compostela. Ocupa a extensión de 79 m2, está distribuído en vestíbulo, comedor-estar, 3 dormitorios, cociña, baño e aseo, e linda: polo norte ou dereita entrando na casa, co piso 3º A –nº 10–, e nunha pequena parte coa caixa da escaleira; polo sur ou esquerda, co piso 3º C –nº 12–; polo leste ou fronte da casa, nunha pequena parte co piso 3º A –nº 10–, e no resto coa rúa da Rosa; e polo oeste ou fondo, nunha pequena parte, co piso 3º C –nº 12–, noutra parte cun patio de luces, e no resto coa caixa das escaleiras. Élle anexo o rocho sinalado co nº 4, existente no faiado. Atribúeselle unha cota de participación en relación co valor total do inmoble do 2,48 por cento. Referencia catastral: 7169309NH3476G0014TP. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela como predio nº 45.269 tomo 1.565, libro 500 e folio 123.

Prezo límite: 117.812,70 euros.

2. Parcela nº 257, Castro, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 8.240 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Josefa Bastón García e outros, Luís García Miramontes e outros; sur, Manuel Pérez Fraga; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, José Seoane Casal. Referencia catastral: 15079D503002570000LJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.938, tomo 1.202, libro 244 e folio 188.

Prezo límite: 3.454,95 euros.

3. Parcela nº 453-2, Ramalleira, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 11.411 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Manuela Nieto González e outros, canle de rega que a separa de José Seoane Casal; sur, Antonio Noya Cobey e saída a camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, Manuela Nieto González e outros; e oeste, Bernardo Gómez Nieto e Manuela Nieto González e outros. Referencia catastral: 15079E503010160000DY. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.942, tomo 1.202, libro 244 e folio 190.

Prezo límite: 5.933,72 euros.

4. Parcela nº 903, Sangriñeira, situada en San Miguel dos Agros (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 1.277 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, José Liste Mansilla; leste, Carmen Otero García; e oeste, Laureano Fernández Barreiro. Referencia catastral: 15079A505009030000FM. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.948, tomo 1.202, libro 244 e folio 193.

Prezo límite: 664,04 euros.

5. Parcela nº 565, Mira de Arriba, situada en San Fiz de Fóra (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 2.412 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con Manuel Cobas de la Iglesia; sur, con Manuela Varela Pérez e outros, Francisco Noya Guerra e outros, José Cobas Durán, Carmen Rozas Fernández, Eduardo Caneda García, Rufina Antelo Fandiño, José Carballido Juncal e Manuela Antelo Fandiño, leste con camiño construído polo Servizo de Concentración parcelaria e Magdalena Fandiño Otero; e oeste con Manuela Varela Pérez e outros, Francisco Noya Guerra e outros, José Cobas Durán, Carmen Rozas Fernández, Eduardo Caneda García, Rufina Antelo Fandiño e José Carballido Juncal. Referencia catastral: 15079A507005650000FL. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela como predio 25.575, tomo 1.237, libro 244 e folio 116.

Prezo límite: 11.583,63 euros.

6. Parcela nº 1, Areeira, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 670 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con zona excluída; sur, Genoveva Brea Noya; leste, camiño existente e canle de rega no medio; e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15066B503000010000FI. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.628, tomo 487, libro 110 e folio 72.

Prezo límite: 348,40 euros.

7. Parcela nº 230, Segade, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.706 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuel Rego Abaña e outros; sur, zona excluída; leste, Ramón Gens Rey; e oeste, camiño. Referencia catastral: 15066E503002300000LS. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.634, tomo 487, libro 110 e folio 78.

Prezo límite: 1.407,12 euros.

8. Parcela nº 322, Agroxoi, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 495 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con María Lapido Díaz e outros; sur, José González Cereijo, canle de rega no medio; leste, camiño, canle de rega no medio; e oeste, regato que o separa de Manuela Prado Sampedro. Referencia catastral: 15066B503003220000FJ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.638, tomo 487, libro 110 e folio 82.

Prezo límite: 257,40 euros.

9. Parcela nº 485, Sobrán, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 780 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, estrada da Coruña-Vigo e ferrocarril de Santiago-Vigo; sur, Manuela García Rodríguez; leste, estrada da Coruña-Vigo; e oeste, ferrocarril de Santiago-Vigo. Referencia catastral: 15066B503004850000FS. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.642, tomo 487, libro 110 e folio 86.

Prezo límite: 405,60 euros.

10. Parcela nº 534, Molladiño, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.402 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Obdulia Sánchez Abullo; sur, José González Rodríguez; leste, camiño existente; e oeste, José Estévez Seage. Referencia catastral: 15066B503005340000FF. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.644, tomo 487, libro 110 e folio 88.

Prezo límite: 729,04 euros.

11. Parcela nº 568, Devesiña, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 690 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño existente; sur, Manuela López Rodríguez; leste, estrada da Coruña a Vigo; e oeste, camiño existente. Referencia catastral: 15066B503005680000FO. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.648 tomo 487, libro 110 e folio 92.

Prezo límite: 7.797 euros.

12. Parcela nº 579, Devesiños de Abaixo, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.210 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, María Aboy Prada; sur, José María Pose Blanco; leste, Ramón Cajaraville Pose, canle de rega en medio; e oeste, camiño. Referencia catastral: 15066B503005790000FS. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.650, tomo 487, libro 110 e folio 94.

Prezo límite: 629,20 euros.

13. Parcela nº 584, Quinteiro, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 7.091 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, Ramón Pose Blanco; leste, canle de rega que a separa de María Reboredo García, descoñecidos e outros predios; e oeste, camiño. Referencia catastral: 15066B503005840000FU. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.652, tomo 487, libro 110 e folio 96.

Prezo límite: 3.687,32 euros.

14. Parcela nº 590, Chalín, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.215 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, con zona excluída; sur, camiño existente, canle de rega no medio; leste, José Aboy Blanco; e oeste, con zona excluída. Referencia catastral: 15066B503005900000FA. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.654, tomo 487, libro 110 e folio 98.

Prezo límite: 1.671,80 euros.

15. Parcela nº 598, Magaláns, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.199 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, José Tojo Blanco e outro, Manuela Cajaraville Pose e Digna Iglesias Souto; sur, Josefina Villaverde Sánchez; leste, camiño; e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15066B503005980000FF. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.656, tomo 487, libro 110 e folio 100.

Prezo límite: 1.143,48 euros.

16. Parcela nº 603, Magaláns, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 7.055 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Aurora Lavandeira Vázquez, zona excluída e María del Carmen Iglesias Ferrín e outros; sur, zona excluída; leste, Digna Iglesias Souto, María del Carmen Iglesias Ferrín e outros e saída a camiño; e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15066B503006030000FR. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.658, tomo 487, libro 110 e folio 102.

Prezo límite: 3.668,60 euros.

17. Parcela nº 633, Agro de Barreiros, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 4.214 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuel Ferrín Iglesias, canle de rega no medio e Manuela Aboy Prada; sur, camiño; leste, María Pose Blanco e José Laboráns Martínez; e oeste, Antonio Iglesias Díaz. Referencia catastral: 15066B503006330000FO. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.660, tomo 487, libro 110 e folio 104.

Prezo límite: 2.191,28 euros.

18. Parcela nº 681, Fochacos, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.657 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño e canle de rega no medio; sur, José Gómez Espasandín, canle de rega que a separa de Josefa Beis García, e predio nº 690; leste, María Ferreira Capeáns; e oeste, Soledad Zumalave Zumalave, Victoria Oseiro Leis e Antonio Iglesias Souto. Referencia catastral: 9287617NH2398N0001GL. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.662, tomo 487, libro 110 e folio 106.

Prezo límite: 1.381,64 euros.

19. Parcela nº 817, Pelamio, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.023 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, estrada Vigo á Coruña; sur, Maximino Zumalave Díaz; leste, Anacleto Angueira Rodríguez e outros; e oeste, con río. Referencia catastral: 15066B503008170000FL. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.668, tomo 487, libro 110 e folio 112.

Prezo límite: 1.051,96 euros.

20. Parcela nº 929, Coquiño, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.406 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuela Mato García e outros; sur, Manuela Varela Andrade; leste, estrada de Vigo á Coruña; e oeste, José María Rivero de Aguilar y Otero e zona excluída. Referencia catastral: 9894202NH3400N001QW. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.672, tomo 487, libro 110 e folio 116.

Prezo límite: 731,12 euros.

21. Parcela nº 984, Costeira, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.294 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, río; leste, camiño existente e Rosalía Fojo Naya; e oeste, Rosa Seage Grela. Referencia catastral: 15066B503009840000FM. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.674, tomo 487, libro 110 e folio 118.

Prezo límite: 672,88 euros.

22. Parcela nº 1.024, Longás, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.378 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño; sur, María Iglesias Bouzada e Estrella Bouzada González; leste, camiño; e oeste, camiño. Referencia catastral: 15066C503010240000IT. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.680, tomo 487, libro 110 e folio 124.

Prezo límite: 716,56 euros.

23. Parcela nº 1.037, Lareda, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.070 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, zona excluída; sur, camiño; leste, Maximino Duarte Iglesias e outros; e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15066C503010370000IE. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.682, tomo 487, libro 110 e folio 126.

Prezo límite: 556,40 euros.

24. Parcela nº 1.116, Bouza, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 4.114 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, Manuel Landeira Iglesias, Isolina González Díaz e José Arca Rois; sur, con camiño; leste, camiño e Ramón Manuel Mirón Ribas; e oeste, Manuel Castro García e camiño. Referencia catastral: 15066F503011160000DP. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.686, tomo 487, libro 110 e folio 130.

Prezo límite: 2.139,28 euros.

25. Parcela nº 682, Fochancos, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.626 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, linda: norte, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Victoriano Caeiro Lens; leste, Comunidade Autónoma de Galicia; e oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 9287616NH2398N0001YL. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.507, tomo 765, libro 170 e folio 6.

Prezo límite: 845,52 euros.

Durante o prazo de tres meses, contados a partir do presente anuncio, calquera interesado poderá presentar unha proposta de compra por escrito sobre calquera dos bens inmobles relacionados anteriormente e polo prezo que o interesado determine, sempre e cando iguale ou supere o mínimo fixado. A proposta de compra deberá recoller o nome, DNI, domicilio e teléfono de contacto, e deberá ir acompañada do xustificante acreditativo do depósito na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia do 25 % do prezo ofrecido, e no caso de estar interesados en varios inmobles será preciso a presentación dun xustificante por cada un dos inmobles propostos para a compra.

Poderán presentar proposicións todas as persoas que teñan capacidade para contratar e, en particular, para celebrar o contrato de compravenda segundo as normas contidas no Código civil. Non poderán participar as persoas que solicitasen ou estean declaradas en concurso, fosen declaradas insolventes en calquera procedemento, estean suxeitas a intervención xudicial ou fosen inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, así como as que incorresen nos supostos previstos na normativa sobre incompatibilidades.

Se o ofertante é unha persoa xurídica, deberá achegar para acreditar a representación da persoa asinante a escritura notarial de constitución da sociedade e de poder específico ou xeral, este último inscrito debidamente no Rexistro Mercantil.

A documentación deberá presentarse en sobre pechado, no Rexistro Único da Xunta de Galicia (edificio administrativo San Caetano), con indicación no seu exterior, no anverso, «Venda innmobles en Santiago de Compostela e Padrón VND/2011/0024», dirixido á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Consellería de Facenda, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, 15781 Santiago de Compostela, e no reverso a identificación do ofertante.

Serán rexeitadas as propostas presentadas fóra de prazo, as que non alcancen o prezo mínimo fixado, as que non veñan acompañadas do xustificante da Caixa Xeral de Depósitos e aquelas con condicións ou que de forma clara non permitan determinar a oferta de compra.

Transcorrido o prazo, procederase a anunciar unha nova poxa pública e establecerase como tipo de licitación a mellor oferta presentada. Con anterioridade á poxa, procederase á devolución dos depósitos constituídos para garantir as ofertas de cantidades inferiores á que sirva de tipo para a nova poxa.

As condicións da adquisición que rexerán na cuarta poxa pública que teña lugar, de ser o caso, na cal poderá tomar parte calquera interesado aínda que non presentase ningunha solicitude dentro deste período de tres meses, serán as recollidas no prego de condicións correspondente ás poxas públicas anteriores, que estarán á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa Pastoriza, 8-2º andar, Santiago de Compostela.

A proposición que sirva de tipo para a poxa producirá plenos efectos, aínda que o ofertante non compareza no acto da súa realización, polo que se o ben lle fose adxudicado perderá o depósito no caso de que non efectuase o pagamento do prezo total dentro do prazo de 15 días a partir da notificación de adxudicación.

No caso de que durante este prazo de tres meses se presenten ofertas económicas de igual contía e non concorra ningún propoñente nin interesado ao acto de poxa pública, a adxudicación recaerá sobre o que primeiro presentou a súa oferta, para o cal se atenderá á data de entrada no rexistro sinalado na convocatoria.

Se durante este prazo de tres meses non se presenta ningunha proposta por escrito sobre algún dos inmobles, desistirase definitivamente deste procedemento de venda, e continuará o inmoble no patrimonio autonómico, agás que se presenten ofertas de compra por importe igual ou superior ao prezo de licitación da terceira poxa pública.

Para máis información poderán dirixirse á Subdirección Xeral do Patrimonio, teléfonos: 881 99 90 55/981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2013

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda