Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9084

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle no ámbito do quinteiro K do parque empresarial da Sionlla (parcelas K4c01a-K4c01b).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de xaneiro de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle promovido por Inmobiliaria Leroy Merlín, S.L.U. no ámbito do quinteiro K do parque empresarial da Sionlla (parcelas K4c01a-K4c01b), sen modificacións respecto do inicialmente aprobado e sometido a exposición pública.

Este acordo notificaráselles persoalmente a todos os interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, no cal se inserirá, así mesmo, a normativa urbanística aprobada.

Igualmente remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comunicación do acordo de aprobación definitiva, xunto con dous exemplares dilixenciados do documento definitivamente aprobado.

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con data do 20 de febreiro de 2013, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2013

María Pardo Valdés
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación e Cidade Histórica