Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9086

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación da subministración de formigóns para as brigadas desta deputación durante o exercicio 2013.

No perfil do contratante, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de formigón para o uso nas brigadas da Deputación Provincial de Ourense para o ano 2013, cun tipo de licitación de 136.000,00 € (IVE, e demais impostos incluídos), integrado pola suma dos importes do valor estimado da subministración (112.396,69), e o IVE aplicable (23.603,31). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente a aqueles que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso nº 32 ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 22 de febreiro de 2013

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense