Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8941

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Podólogos de Galicia

ANUNCIO de notificación de resolución de expediente sancionador.

Ao non se poder efectuar a notificación do trámite de resolución do expediente sancionador 1/2012 a José Ramón Echegaray Rodríguez, DNI 36012260X, no enderezo que consta no expediente, procédese á publicación deste anuncio ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Esta resolución está á súa disposición para que no prazo de 10 días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, poida comparecer na sede do Copoga, situada na avda. Quiroga Palacios, 65, baixo.

Transcorrido este prazo sen ter comparecido de forma expresa, a notificación entenderase efectuada, producindo efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado.

Contra a sinalada resolución poden presentarse os recursos que se consideren convenientes, en tempo e forma, segundo o establecido no artigo 60 dos estatutos do Copoga.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2013

Alfonso Alonso González
Presidente