Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 7 de marzo de 2013, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de Resolución do 14 de febreiro de 2013, ditada no expediente sancionador AC-210/12, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que se menciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar a notificación.

Os interesados disporán dun prazo de quince días conforme o disposto no artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE nº 159, do 9 de agosto), para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais deste área provincial, sitos na rúa Vicente Ferrer 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas.

A Coruña, 7 de marzo de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-210/12.

Denunciado: Khalid Mahmood.

NIE: X3056102T.

Establecemento: Kingbar Doner Kebap.

Enderezo: rúa Ferrador, 3.

Localidade: Noia.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, alínea a), da Lei 7/2011.

Proposta de resolución: 14 de febreiro de 2013.

Sanción: multa de cen euros (100 €).