Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2013 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, da subministración de equipamentos de protección individual e complementos para o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia durante o ano 2013 con 11 lotes (proposta 126/12-I) (expediente 11/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e entrega de equipamentos de protección individual e complementos para o persoal dos servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais, con once lotes.

c) División por lotes e número: si. Lote1: un mínimo de 2.100 fundas de protección ignífugas. Lote 2: un mínimo de 850 traxes de protección ignífugos. Lote 3: un mínimo de 1.500 camisetas ignífugas. Lote 4: un mínimo de 1.700 botas para brigadas e condutores de motobomba. Lote 5: un mínimo de 550 botas para técnicos e axentes forestais. Lote 6: un mínimo de 150 cascos. Lote 7: un mínimo de 1.000 protectores do pescozo. Lote 8: un mínimo de 1.000 lentes. Lote 9: un mínimo de 500 máscaras antifume. Lote 10: un mínimo de 500 cintos. Lote 11: un mínimo de 1.500 luvas.

d) Lugar de entrega: nos diferentes centros provinciais segundo indique a Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.

e) Prazo de execución: de 35 días, desde o día seguinte á sinatura do contrato para os lotes 1 e 2; de 30 días desde o día seguinte ao da sinatura do contrato para os lotes 4 e 5; e de 30 días desde o día seguinte á sinatura do contrato (ou prazo menor ofertado polo licitador) para o resto dos lotes.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 35113400-3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 665.642,14 €, IVE (21 %): 139.784,85 €, importe total: 805.427,00 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 665.642,14 € (sen IVE).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: definitiva: lote 1: 11.970,00 €; lote 2: 5.440,00 €; lote 3: 1.115,70 €; lote 4: 7.727,27 €; lote 5: 2.386,36 €; lote 6: 743,80 €; lote 7: 826,45 €; lote 8: 826,45 €; lote 9: 619,83 €; lote 10: 351,24 €; lote 11: 1.275,00 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, nº 5, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 e 981 54 40 29 (consultas administrativas); 981 54 60 64 e 981 54 60 39 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18518

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 15 de abril de 2013.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 13.00 horas do 23 de abril de 2013.

11. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia será por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 18.3.2013.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar