Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 9/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT, CT r/ Ginebra.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión enterrada, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,196 km, coa orixe na cela de liña existente no CT Iluminación Palavea (expediente 318/2004), condutor RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS EIR-721, tramo entre o CS Peñarredonda e o CT Santa Teresa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña