Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo número 2 dos estatutos da entidade Granda Longa, Sociedade Cooperativa Galega.

O artigo número 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia, no seu artigo número 53 establécese a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo número 2 dos estatutos «domicilio social» da entidade Granda Longa, Sociedade Cooperativa Galega, pasando a ser lugar de Santa Cruz de Campolongo, s/n, concello de Negreira, provincia da Coruña.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo número 2 dos estatutos «domicilio social» da entidade Granda Longa, Sociedade Cooperativa Galega, pasando a ser lugar de Santa Cruz de Campolongo, s/n, concello de Negreira, provincia da Coruña.

A Coruña, 25 de febreiro de 2013

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña