Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica o inicio do procedemento de baixa na Sección de Explotacións Agrarias Prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do procedemento de baixa na Sección de Explotacións Agrarias Prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).

As persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias dos servizos de explotacións agrarias nas xefaturas territoriais que correspondan da Consellería do Medio Rural e do Mar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido das persoas interesadas en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

As persoas interesadas terán un prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte á notificación do procedemento de inicio, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente ao seu dereito, a través da Oficina Agraria Comarcal e dirixidas ao Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar que corresponda á súa provincia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: cambio de sección no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Interesado: José Manuel Paz López.

CEA: 2702200471.

Acto de notificación: baixa na Sección de Explotacións Agrarias Prioritarias.

Último enderezo coñecido: O Cancelo, Os Vilares, 27307 Guitiriz (Lugo).

Procedemento: cambio de sección no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Interesado: José Rodríguez Darriba.

CEA: 2702400306.

Acto de notificación: baixa na Sección de Explotacións Agrarias Prioritarias.

Último enderezo coñecido: Río, Santa Mariña do Incio, 27347 O Incio (Lugo).

Procedemento: cambio de sección no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Interesado: Francisco Ledo Diéguez.

CEA: 2701600689.

Acto de notificación: baixa na Sección de Explotacións Agrarias Prioritarias.

Último enderezo coñecido: Vilar, Adá, 27511 Chantada (Lugo).

Procedemento: cambio de sección no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Interesado: Francisco Guerra Otero.

CEA: 2700900248.

Acto de notificación: baixa na Sección de Explotacións Agrarias Prioritarias.

Último enderezo coñecido: O Barrio, 4, Pradeda, 27533 Carballedo (Lugo).