Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2013 pola que se anuncia a licitación para a adquisición dunha licenza de Campus Microsoft.

Resolución de 7 de marzo de 2013 da Universidade da Coruña, pola que se anuncia a licitación do seguinte contrato:

Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2) Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña, r/ Mestranza, nº 9, 1º andar.

3) Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

4) Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1118 e 1038).

5) Telefax: +34 981 16 70 20.

6) Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.es/contratacionadministrativa

8) Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

Número de expediente: 2013/4003.

Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: adquisición dunha licenza de Campus Microsoft.

c) Lugar de execución/entrega: Servizo de Informática e Comunicacións.

1) Domicilio: Campus de Elviña.

2) Localidade e código postal: 15071 A Coruña.

d) Prazo de execución/entrega: do 28.6.2013 ao 31.5.2014.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 48624000-8 e 48920000-3.

Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado do contrato: 75.716,00 euros.

Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 75.716,00 euros. Importe total: 91.616,36 euros.

Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.30 horas, do oitavo día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en sábado ou día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Registro Xeral da Universidade da Coruña.

2) Domicilio: Reitoría, r/ Mestranza, nº 9.

3) Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría, r/ Mestranza, nº 9.

c) Localidade e código postal: 15001 A Coruña.

d) Data e hora:

1) Apertura do sobre B: o cuarto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas. Se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

2) Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante o día e a hora en que terá lugar.

Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a pro rata.

A Coruña, 7 de marzo de 2013

P.D. (Resolución do 16.1.2012)
Juan M. Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña