Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de febreiro de 2013 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2012/19-0.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 6 de febreiro de 2013, resolución pola que se impón unha sanción consistente en multa a Adelino López Veiga, en calidade de promotor das obras, como responsable dunha infracción urbanística moi grave pola realización das obras de construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Feirobal, no termo municipal de Esgos, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante o da circunscrición onde radique o inmoble afectado, á elección deste, conforme o disposto no artigo 14.1, regra segunda, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística