Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Arzúa (expediente IN407A 59/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificación LMT, CT e RBT Doroña.

Situación: concello de Arzúa.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,200 km, con condutor tipo LA-56/54,6 mm² coa orixe en apoio existente na LMT MEL-707 (subestación Melide-Arzúa), e final no apoio nº 3 onde se instalará un paso aerosubterráneo.

Liña de media tensión soterrada (LMTS) a CT Doroña, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,400 km, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 mm² Al, coa orixe no paso aerosubterráneo que se vai instalar no apoio nº 3 da LMTA a CT Doroña proxectado, e final no CT Doroña proxectado.

Centro de transformación (CT) prefabricado Doroña, tipo 2L-1P de manobra exterior, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 0,350 km, coa orixe no CT Doroña proxectada, con condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 1×240 mm² Al, e final na rede aérea existente no núcleo rural de Doroña, no concello de Arzúa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña