Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8247

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación do servizo de limpeza na praza de abastos.

Por Decreto de Alcaldía do 4 de marzo de 2013 aprobaronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expendiente 08/13).

2. Obxecto do contrato: servizo de limpeza na praza de Abastos do concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 28.459,20 € (23.520 € + 4.939,20 € en concepto de IVE), cun prazo de execución de dous anos (con posibilidade de dúas prórrogas dun ano).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte a última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 4 de marzo de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde