Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións, disolucións e cancelacións de varias sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación constituídas, modificadas, disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Constitución:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Candesa, SAT nº 1417 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social no Outeiro, nº 8, Lamas, Boqueixón (A Coruña); obxecto social: a explotación de terras, gando, cota láctea e maquinaria, así como todas aquelas actividades agrícolas, gandeiras ou forestais que impliquen a mellora económica e social dos seus socios; capital social: 440.000,00 €; nº socios: 4. A súa xunta reitora está composta por: Manuel Caneda Raviña, presidente; Estefan Manuel Senande Fandiño, secretario, e Nieves Fandiño Mareque e María Elvira Fernández García, vogais.

B) Modificacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación A Tolda, SAT nº 1256 XUGA, na asemblea xeral do 19 de novembro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a ampliación de capital social da sociedade por importe total de 49.300,00 € pasando este a ser de 190.400,00 €.

Como consecuencia desta ampliación de capital social, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Llanes Rodríguez

47.600 títulos

47.600,00 € de capital social

Mª Ramona Onega Veiga

47.600 títulos

47.600,00 € de capital social

Cecilia Llanes Onega

47.600 títulos

47.600,00 € de capital social

José Barreira Llanes

47.600 títulos

47.600,00 € de capital social

2. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: o capital social cífrase en 190.400,00 € e estará representado por 190.400 resgardos nominativos de 1 euro cada un deles.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Caseiro, SAT nº 991 XUGA, na asemblea xeral do 1 de decembro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a alta como socia de María José Valiña Piñeiro, realizando unha achega monetaria de 43.273,44 €, representada por 72 títulos de 601,02 € cada un deles.

Como consecuencia desta alta, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Luis Pérez Barreiro

72 títulos

43.273,44 € de capital social

María del Carmen Piñeiro Veiga

72 títulos

43.273,44 € de capital social

José Ángel Valiña Lejo

72 títulos

43.273,44 € de capital social

María José Valiña Piñeiro

72 títulos

43.273,44 € de capital social

Sonia Valiña Piñeiro

72 títulos

43.273,44 € de capital social

2. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: o capital social cifrase en 216.367,20 € e estará representado por 360 resgardos nominativos de 601,02 € cada uno de eles.

3. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a xunta reitora pasa a estar formada por cinco membros.

4. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar composta por: José Luis Pérez Barreiro, presidente; María José Valiña Piñeiro, secretaria, e Sonia Valiña Piñeiro, María del Carmen Piñeiro Veiga e José Ángel Valiña Lejo como vogais.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Agropegal, SAT nº 1403 XUGA, na asemblea xeral do 10 de novembro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a incorporación como socio de Diego Penelas Blanco, que achega ao capital social 50.000,00 € representado por 50 títulos de 1.000,00 € cada un deles.

2. Aprobar a transmisión de 45 títulos ao novo socio Diego Penelas Blanco que son achegados a partes iguais de 15 títulos por José Enrique Domínguez Fernández, Josefa Blanco González e María Isabel Lenza Penelas.

Como consecuencia desta alta e transmisión de títulos, o capital social e os títulos quedan distribuídos entre os socios da seguinte forma:

Josefa Blanco González

95 títulos

95.000,00 € de capital social

José Enrique Domínguez Fernández

95 títulos

95.000,00 € de capital social

María Isabel Lenza Penelas

95 títulos

95.000,00 € de capital social

Diego Penelas Blanco

95 títulos

95.000,00 € de capital social

3. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar composta por: José Enrique Domínguez Fernández, presidente; Josefa Blanco González, secretaria, e María Isabel Lenza Penelas e Diego Penelas Blanco como vogais.

4. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: o capital social cífrase en 380.000,00 €, e estará representado por 380 títulos nominativos de 1.000,00 € cada un deles.

5. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a xunta reitora pasa a estar formada por catro membros.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Langueirón, SAT nº 934 XUGA, na acta de asemblea do 20 de novembro de 2012, que eleva a pública mediante escritura do 31 de decembro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a ampliación de capital social por importe de 213.414,22 €, pasando este a ser de 246.450,75 € divididos en tres títulos de 82.150,25 € cada un deles.

Como consecuencia desta ampliación de capital, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Antonio María Sánchez Varela

1 título

82.150,25 € de capital social

Justo Sánchez Varela

1 título

82.150,25 € de capital social

Miguel Ángel Sánchez Varela

1 título

82.150,25 € de capital social

2. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar composta por: Antonio María Sánchez Varela, presidente; Justo Sánchez Varela, secretario, e Miguel Ángel Sánchez Varela, como vogal.

3. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: o capital social fíxase na cantidade de 246.450,75 € (douscentos corenta e seis mil catrocentos cincuenta con setenta e cinco céntimos) dividido en tres participacións sociais, indivisibles e acumulables, de 82.150,25 € de valor nominal cada unha, numeradas correlativamente do 1 ao 3, ambos inclusive.

e) A Sociedade Agraria de Transformación A Penela, SAT nº 911 XUGA, na asemblea xeral do 18 de xaneiro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar composta por: Manuel Rodríguez Gómez, presidente; Julio Castaño Toirán, secretario, e Benjamín García Toirán, Horacio López Vázquez e José Luis Rodríguez López, como vogais.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Varela, SAT nº 992 XUGA, na asemblea xeral do 21 de xaneiro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar composta por: Gabriel Varela Villamide, presidente; María Victoria Villamide Díaz, secretaria, e Manuel Varela Gesto, como vogal.

C) Disolucións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Cimadevila, SAT nº 1210 XUGA, na asemblea xeral do 10 de decembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Anular o acordo de disolución da SAT tomado na acta de asemblea do 8 de outubro de 2012.

2. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: Gloria Bermúdez Riopedre, Marcelino García Marcos e Marcelino García Bermúdez.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Santa Bárbara, SAT nº 1359 XUGA, na asemblea xeral do 14 de xaneiro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: Miguel Ángel Armesto Parada, Consuelo Parada Vila e Daniel Arias Jato.

D) Cancelacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Cimadevila, SAT nº 1210 XUGA, na asemblea xeral do 18 de decembro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria