Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 7986

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2013 que corrixe a Resolución do 12 de novembro de 2012, pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de profesorado contratado doutor (CD1202).

Detectado erro na publicación da Resolución do 12 de novembro de 2012 (DOG núm. 220, páxina 43372, do 19 de novembro), pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de profesorado contratado doutor, e vista a Resolución do 5 de marzo de 2013, esta reitoría, de acordo co artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acorda:

Primeiro. Na referencia:

Código

CD1202-C04-220-CD-02

Nº de prazas

1

Corpo

Profesor contratado doutor

Área de coñecemento

A-220 Ecoloxía

Departamento

C04 Ecoloxía e Bioloxía Animal

Actividade docente e investigadora

Ecoloxía mariña

Centro de traballo

310 Facultade de Ciencias do Mar-Vigo

Onde di:

Centro de traballo

310 Facultade de Ciencias do Mar-Vigo

Debe dicir:

Centro de traballo

101 Facultade de Ciencias-Ourense

Segundo. De acordo coa base terceira da Resolución do 12 de novembro de 2012, establécese un novo prazo de vinte días naturais para a presentación de solicitudes na referencia CD1202-C04-220-CD-02, contados a partir do día seguinte ao día de publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia. Segundo o artigo 48 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Terceiro. As persoas candidatas que aboaron as taxas e presentaron a documentación recollida na base 3.3 da Resolución do 12 de novembro de 2012 na referencia CD1202-C04-220-CD-02, estarán exentas de facelo novamente, pero deben presentar unha nova solicitude de participación segundo a base segunda da presente resolución e de acordo co novo perfil.

Vigo, 7 de marzo de 2013

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo