Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8059

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO de información pública sobre explotación de porco celta para ceba en extensivo en Sixto (Lamas).

Víctor Graña Cobelo solicitou neste concello licenza de inicio de actividade de explotación de porco celta para ceba en extensivo que se desenvolverá nas parcelas nº 61, 62, 63 e 64 do polígono 503, sitas no lugar coñecido como Sixto, s/n, na parroquia de Lamas, coa superficie continua de 10.139 m², na cal se edificará unha construción de 31,20 m² para protección dos animais. En cumprimento do disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, e no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este (que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de San Sadurniño), poidan examinar o expediente nas oficinas deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, as persoas, sociedades ou entidades que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende iniciar e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

San Sadurniño, 18 de febreiro de 2013

Secundino García Casal
Alcalde