Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8054

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de información pública sobre taller de reparación e montaxe de cristais de automóbil.

Neste concello tramítase expediente por instancia de Juan Alberto Martínez Maneiro, en representación de Auto Vidrio Plus, S.L., para licenza de actividade de taller de reparación e montaxe de cristais do automóbil que se situará na rúa Principal, 138, baixo, parroquia de Boiro, actividade sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, exponse ao público polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Boiro, 15 de febreiro de 2013

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde