Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de febreiro de 2013 pola que se dá traslado da orde de suspensión da actividade (expediente IU2/9/2013-S1), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o enderezo da interesada.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 30 de xaneiro de 2013 orde de suspensión da actividade polas tarefas de fabricación e reparación de maquinaria agrícola nunha nave industrial de dúas plantas, no lugar de Camiño do Bosque, número 115, O Cotiño, no termo municipal de Mos, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da orde de suspensión a Luperco, S.L., mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita orde.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da orde de suspensión que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes e, se é o caso, propor proba en que se concreten os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística