Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2013/28-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: rúa Virxe da Luz, nº 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMT, CT, RBT Apenados.

Situación: Mondariz.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 1.227 metros de lonxitude, con orixe no CM Ermida-Engasa e final no CT existente A Pena, unha vez entre e saia do CT proxectado Apenados. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na Pena, Vilasobroso, Mondariz. Rede de baixa tensión cunha lonxitude total de 793 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra