Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos de Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas (expediente IN407A 2012/276-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: pol. industrial Chan da Ponte, parcela-19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: reforma LMTA xeral Salvaterra-Salceda 2º circuíto (2ª fase).

Situación: Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-180 de 2.017 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 18 da LMT aérea xeral Salvaterra-Salceda e final no apoio 33 da mesma liña, do cal continúa subterránea 425 metros, con condutor RHZ1, rematando no centro de transformación existente Salceda-Gándara. A liña discorre polas parroquias de Cabreira e Arantei (Salvaterra de Miño) e Santa María (Salceda de Caselas).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra