De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento.
O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Contra a presente resolución, que non finaliza a vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992. Transcorrido este prazo sen terse presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2013
Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza
ANEXO
Expediente: ANI-PO-0006/2012-V.
Interesado: David Fontela Moure.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: rúa Juan Bautista Andrade, 137 ou rúa Paio Gómez de Soutomaior, 26, 1º D (Pontevedra).