Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7762

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO de información pública sobre taller de lavado e engraxamento.

Lúa García Saura, solicitou nesta alcaldía licenza municipal para taller de lavado e engraxamento, na avda. Hermanos Álvarez Araújo deste termo municipal. En cumprimento do disposto polo punto 3º, do artigo 8 do Decreto 133/2008 que regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no DOG poidan examinar o expediente, na Secretaría do Concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as observacións que xulguen oportunas.

Ribadavia, 22 de febreiro de 2013

Marcos Blanco Jorge
Alcalde