Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 26 de febreiro de 2013, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a incoación do 1 de febreiro de 2013 ditada no expediente sancionador da Coruña AC-13/13, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non se puido practicar a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luis Martínez Sieira, os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co establecido no artigo 119.1.b) da Lei 7/2011 en relación co disposto no Decreto 82/2012, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a resolución do presente procedemento por infracción grave corresponde á titular da Secretaría Xeral para o Turismo.

A resolución do presente procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data do presente acordo, de conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, de ser o caso, propor proba en que se concreten os medios de que se pretendan valer, coa advertencia de que, de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 26 de febreiro de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-13/13.

Denunciada: Luose Explotaciones Hosteleras, S.L.

CIF: B15794484.

Establecemento: pub Aeroclub.

Enderezo: rúa Torreiro, 11.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 110.16 da Lei 7/2011.

Incoación: 1 de febreiro de 2013.

Sanción: multa de novecentos un euros (901 €).