Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2013 pola que se fai pública a formalización de diversos contratos.

– Contratación do servizo de desenvolvemento da plataforma de interoperabilidade da Administración pública de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 43/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de posta en marcha dunha plataforma de intercambio de información e documentos, entre a Xunta de Galicia e outras administracións ou organismos privados.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 24.5.2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 2.421.236,28 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 807.078,76 €. Importe total: 952.352,93 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2.1.2013.

b) Data de formalización do contrato: 1.2.2013.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 686.016,95 €. Importe total: 830.080,51 € (IVE incluído).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do TRLCSP, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do TRLCSP.

– Contratación do servizo de desenvolvemento do portal para as entidades locais de Galicia dentro do plan Econcellos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 44/2012) .

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de posta en marcha dun portal para as entidades locais, e mantemento e evolución do portal existente e do novo que resulte.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 25.5.2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.364.805,57 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 454.935,19 €. Importe total: 536.823,52 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2.1.2013.

b) Data de formalización do contrato: 1.2.2013.

c) Contratista: Atos Spain, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 386.694,91 €. Importe total: 467.900,84 € (IVE incluído).

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do TRLCSP, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do TRLCSP.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia