Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a declaración de deserto do servizo integrado de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra incendios forestais durante as precampañas e campañas nos anos 2013 e 2014, por procedemento aberto e trámite ordinario, suxeito a regulación harmonizada (expediente 33/2012).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integrado de helicópteros e brigadas helitransportadas con destino á prevención e defensa contra incendios forestais durante as precampañas e campañas dos anos 2013 e 2014 (proposta 28/12-I).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18073

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 8 de decembro de 2012, DOG nº 247, do 28 de decembro e BOE nº 312, do 28 de decembro.

e) División por lotes e número: si, 2.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto, aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 34.173.155,36 € (incluídas posibles prórrogas e modificacións).

Importe neto: 12.388.254,88 € (exento do IVE).

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de deserto: 28 de xaneiro de 2013.

b) Adxudicataria: deserto.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2013

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar